• Entrar
  • Rexistrarse
  •  
Redelibros, a rede social galega do libro, un espazo para a literatura e un punto de encontro en Galicia para lectores, editoriais, librerías, autores...
A rede social galega do libro
Mega Menu Drop Down - Columns
  • Inicio

    Coñécenos

    • Quen somos
    • Preguntas
    • Blog
    • Soporte
    • Contacto

    Enlázanos

    Se che gusta Redelibros e queres axudarnos a medrar, engade un banner na túa web ou blog.

    • Enlázanos

    Síguenos na rede

  • Libros

    Base de datos bibliográfica

    Redelibros alberga unha base de datos de máis dun millón de fichas de libros. Entre eles podes atopar dende as últimas novidades ata libros descatalogados ou noutros idiomas. Atendendo á nosa filosofía de espazo común, esta base de datos está aberta para que poda ser consultada por todo o mundo, sen necesidade de rexistro previo, e facer todo tipo de procuras e seleccións dende o buscador.

    Como usuario rexistrado, ademais poderás valorar cun sistema de estrelas ou escribir os teus comentarios. Ambos poden consultarse na ficha de cada libro.

    Coa vosa axuda queremos conseguir que a base de datos sexa o máis completa posible. Se non atopas algún libro, e queres engadilo, podes usar este formulario. Se botas en falta calquera dato relevante, ou atopas algún equivocado, podes editar a ficha do libro usando a opción “Editar detalles do libro”

  • Autores

    Textos

    Neste apartado poderás compartir textos (poemas, relatos, novelas ou o que sexa), escritos por ti ou por terceiros, que creas poidan ser de interese para o resto dos membros. Obviamente, tamén poderás ler, comentar e valorar os publicados por outros usuarios.

    Autoedición

    Se escribiches un libro e queres publicalo, Redelibros pódeche axudar. Nesta páxina atoparás unha completa guía de edición na que che explicaremos, paso a paso, que facer para ver o teu libro publicado. Tamén atoparás aos nosos provedores recomendados para cada proceso.

    Autores Redelibros

    Nesta sección poderás coñecer de preto aos autores que pertenzen á nosa comunidade. E, se o desexas, tamén poderás adquirir algúns dos seus libros.

    • Textos
    • Autoedición
    • Autores
    • Tenda
  • Ferramentas

    Ferramentas

    As ferramentas de "opinión" permítenche dispor de espazos onde compartir a túa opinión ou coñecer a do resto dos usuarios.

    As ferramentas de "anuncios" permítenche comunicar ou informarche de eventos ou clasificados a través de Redelibros.

    As ferramentas "multimedia" permítenche compartir e visualizar fotos, vídeos e arquivos de audio co resto de redelibreiros.

    As ferramentas de "membros" permítenche atopar a outros usuarios de Redelibros ou invitar a outras persoas a formar parte da rede.

    Opinión

    • Blogs
    • Grupos
    • Enquisas

    Anuncios

    • Eventos
    • Clasificados

    Multimedia

    • Álbums
    • Vídeos
    • Audios

    Membros

    • Buscar
    • Invitar (email)
    • Importar contactos
  • Seccións

    Cadernos Redelibros

    Nesta sección atoparás artigos dos nosos colaboradores (críticos, autores, editores, expertos, etc.) que che brindarán distintas perspectivas sobre a literatura e o mundo editorial: análise de xéneros, reseñas de obras concretas, estudos sobre actualidade editorial, traballos sobre autores destacados, etc.

    Concursos

    Actividades que teñen premio. Concursos organizados polos nosos colaboradores ou polos propios usuarios para potenciar a creación literaria, audiovisual e artística. Unha sección que dá moito xogo.

    Fisgando na rede

    Unha páxina que contén a moitas: os principais focos de información cultural do país, blogs, axendas culturais, páxinas de editoriais, seccións de cultura en prensa... Ofrecémoschas sindicadas por rss, automaticamente actualizadas e reunidas para a túa comodidade.

  • Redetendas

    Páxinas

    A túa páxina personal na rede, a túa tarxeta de presentación.

    Tendas

    As tendas dos usuarios na rede. O espazo para as túas compras.

    Tenda de redepuntos

    Colaborar e participar na rede ten premio: os redepuntos, que irás acumulando coa túa actividade. Poderás cambiar gratuitamente os teus redepuntos por libros na nosa tenda.

  • Colaboradores

    Editoriais

    • Kalandraka
    • Faktoría K

    Librarías

    • Cartabón
    • Paz
    • Libros para soñar
    • Mazinger

    Entidades

    • Gálix
    • Culturgal

    O noso agradecemento

    Queremos mostrar o noso agradecemento a todas as persoas, empresas e institucións que co seu gran esforzo e participación apoiáronnos e séguennos apoiando cada día para crear un espazo galego de literatura en Internet.
    Se estás interesado en colaborar, ponte en contacto con nós.



marilar Aleixandre 1 article
  • All Submitter Articles
Compartir Informe

Related Articles

  • CR15. Ser ou non ser na escola
    por Elvira Pérez
  • CR13. Os compromisos da tradución
    por ana luna alonso
  • CR33. Por que me fixen lector
    por Xosé Monteagudo
  • CR20. Sen data de caducidade
    por Concha Blanco Blanco
  • CR37. A arte de ilustrar libros
    por Xavier Queipo
  • Article Home Page »
  • Examinar artigos »
  • Literatura

CR09. Os libros e o seu traizoeiro amante o cine: Pa negre

  • Publicado por marilar Aleixandre
  • 14 Febreiro 2011 10:16:23 CET
  • 4 comentarios
  • 2.911 visitas

¿É máis verdadeira a historia contada nunha película cando segue literalmente á novela ou relato no que se orixina? ¿Que cambios son traizóns e cales unha reescrita da historia que a fai medrar? Enténdase que, ao falarmos de historias verdadeiras, o relevante non é se son inventadas ou tiradas diso que chaman mundo real, senón á súa capacidade para contarnos cousas sobre nós mesmos, para explorar novos territorios.

Moitas das persoas que devoramos libros (leóns e leoas, na calificación dun meu amigo) temos tamén unha dependencia do cine. A miña educación sentimental e cultural debe moito a Conrad, Marguerite Duras, Sylvia Plath, Mark Twain ou Isak Dinesen, mais tamén a Orson Wells, Murnau, Ernst Lubitsch, Mizoguchi, Costa Gavras ou os irmáns Coen. Hai películas marabillosas que teñen un guión orixinal sen raíces nun libro, mais a miña reflexión vai encamiñada ás que naceron dunha historia escrita.

Lin Pa negre (Columna, 2003), na súa tradución ao castelán (Pan negro, Seix Barral) en novembro de 2004, pouco despois da súa publicación. Non sempre lembramos o momento da primeira lectura dun libro, mais esta foi inducida por unha mesa redonda que compartín con Emili Teixidor e Carlo Frabetti nas xornadas sobre literatura infantil e xuvenil da Fundación Germán Sánchez Rupérez. Aínda que coñecía a Emili, só lera a súa literatura infantil, e tanto Carlo como outros escritores participantes nas xornadas falaron de forma entusiasta desta obra recén saída do prelo. ¿Corren vostedes compulsivamente a unha libraría cando teñen noticia dun libro interesante? Eu si. De modo que, a pesar de que estabamos case todo o día fechados nas xornadas, á última hora da tarde conseguín cruzar a Castellana a fume de carozo e encontrar aberta a libraría Antonio Machado, no Círculo de Bellas Artes (por certo, moi recomendábel se teñen unha urxencia relacionada cos libros mentres están por Madrid). O autor da tradución é o mesmo Emili, o que resolveu a última dúbida na que me debatía, a miña preferencia por ler os libros escritos en catalán na lingua orixinal.

Cómpre aclarar que a película de Agustí Villaronga, que tanto éxito acadou estes días nos premios Goya, integra, ademais da novela do mesmo nome, outra titulada Retrat d'un assassí d'ocells. Mesmo, nun intre da película, aparece este título na pantalla, como se se tratase dunha parte distinta do filme.

Talvez, no contexto deste artigo, non sexa preciso recomendar Pa negre explicitamente, mais polas dúbidas fareino. Lean Pa negre, en catalán ou en castelán, se gustan das historias que afondan no máis escuro de nós. É unha novela estarrecedora. Porén, como di Kafka, o escritor que produciu as reflexións máis lúcidas sobre a escrita:

"Creo que só deberían lerse libros que traben en nós, que nos aguilloen. Se o libro que lemos non nos acorda cunha puñada no cranio, entón ¿para que o lemos? O que precisamos son libros que fagan en nós o efecto dunha desgraza, que nos doan profundamente [...] como se fósemos guindados nas fragas, lonxe dos homes, como un suicidio. Un libro ten que ser a machada para o mar xeado que levamos dentro." (Carta ao seu amigo Oskar Pollak).


Autor: Xornalcerto

 

Definir Pa negre como unha novela sobre a posguerra sería aludir ao contexto máis que ao cerne. Interésame porque, entre outras cousas, fala das traizóns a un mesmo, un dos motivos que máis me aguilloan (por usar as palabras de Kafka) da literatura, un tema central nalgúns dos meus propios libros. Pa negre documenta con precisión o proceso polo que un rapaz, Andreu, que é tamén o narrador, vira as costas a súa nai e a á súa familia, que pertencen aos vencidos na guerra, aos roxos, e rexeita a memoria de seu pai, morto no cárcere, situándose da banda dos ricos empresarios que o adoptan. É unha historia de supervivencia e dos conflitos e cambios que provoca. Na película de Villaronga esa transformación está condensada maxistralmente na resposta de Andreu a un compañeiro de internado que lle pregunta pola muller que acaba de visitalo. Andreu, no canto de dicirlle que é súa nai responde: "Unha que traía un paquete".

Esta frase, que non procede do libro, e coa que remata a película, é un exemplo de tradución fiel da linguaxe literaria á do cine. No que na novela é unha reflexión de case dúas páxinas, na que Andreu identifica o sentimento de odio "contra todo e contra todos" como o seu punto de sustento, concluíndo que "empezaba a converterme nun monstro", muda na breve resposta que xea o corazón da espectadora. Villaronga traduce esta conversión nunha imaxe difícil de esquecer.

Por descontado, calquera relación entre literatura e cine conleva cambios. Non cabe agardar literalidade nunha película. Alomenos non sempre, pois hai tamén magníficas películas que filman obras de teatro sen alterar o texto, como Much ado about nothing, de Kenneth Branagh ou El perro del hortelano de Pilar Miró. Se o libro é unha narración en primeira persoa, a necesidade de adaptación é aínda maior. Ás veces as adaptacións máis fieis non reproducen o contexto da historia, como ocorre con Apocalypse now, de Coppola, cun guión baseado n'O corazón da escuridade de Conrad, trasladado da África colonial á guerra de Vietnam. Por certo, existe unha magnífica tradución ao galego da novela por Manuel Outeiriño (Positivas). Outro exemplo é A muller do tenente francés, de Karel Reisz, cun guión de Harold Pinter que introduce unha historia de amor situada nos anos 80 paralela á dos protagonistas da época victoriana da novela de Fowles. Pinter, ademais de autor teatral, escribiu guións para perto de 30 películas, a meirande parte adaptacións de novelas, como a mítica O servente, dirixida por Losey, ou obras de teatro como A pegada (Sleuth) en 2007, pouco antes de morrer.

En conxunto, a conversión do texto en imaxes en Pa negre é excelente, e esta apreciación é independente do seu número de Goyas (aínda non decididos cando comecei a escribir este artigo), pois director, que é asimesmo guionista, e actores poderían facer unha boa película que non reflectise a novela. Avaliando a película en termos de cine, é dunha alta calidade. A escena inicial ten unha enorme forza narrativa e visual e os actores fan crible a desapiadada historia. Por outra banda, o propio Emili Teixidor declarou que Agustí Villaronga "trasladou maxistralmente en imaxes a miña novela" (A Vanguardia, 15 de febreiro 2011) e resulta difícil contradicir ao autor.

Porén, hai algo no que a película se afasta da novela: as razóns para o proceso de cambio e a relación de Andreu con seu pai. Na novela esta relación é complexa e sutil. Andreu admira a seu pai, atractivo, como un actor vestido de obreiro, ao tempo que ten ciúmes polo desmedido amor que súa nai, Florència, mostra por el. Seu pai morto no cárcere representa a miseria da que el pugna por saír. É a ansia por escapar á pobreza o motor da transformación. Na película, ao fundir no pai outro personaxe de Retrat d'un assassí d'ocells, o afastamento de Andreu, o desexo de fuxir da súa familia explícanse en parte polo comportamento do pai, por accións crueis cometidas nalgún intre. Simplificando, podería dicirse que na película o desapego do rapaz, a súa conversión en "monstro" xustifícanse porque seu pai foi unha persoa ruín. O texto na páxina de inicio na web do filme sentencia: "As mentiras dos adultos crían pequenos monstros".

É posible que as sutilezas dun texto no que presenciamos ao longo de case catrocentas páxinas unha mudanza, un desacougo que leva, inevitablemente, a entregarse aos que na familia eran chamados "os outros", aos inimigos, sexan difíciles de trasladar á acción dun filme. É máis doado encarnar a responsabilidade nunha persoa que nunha situación difusa, e é significativo que o pai de Andreu leve na película o nome de Farriol, non Luís, como en Pa negre. Para algúns espectadores do filme isto pode levar a unha lectura na que os vencidos o foron porque eran ruíns, incapaces de escapar da miseria. Aínda non sendo esta a miña lectura, entendo que é posíbel.

Así son as relacións entre os libros e o cine, ese traizoeiro amante.




Marilar Aleixandre. (María Pilar Jiménez Aleixandre, Madrid, 1947) Marilar Aleixandre dedicou unha parte da súa vida a apañar escaravellos e máis adiante mudouno por apañar palabras descarreiradas. Ten a lingua partida (riscos de lamber sangue nos coitelos), mais precisábao para escribir en galego. Desas identidades escindidas, unha é bióloga e dedícase á didáctica das ciencias. Foi profesora de instituto e agora é catedrática na Universidade de Santiago, escribindo en inglés sobre o uso de probas e a argumentación. Algúns dos seus últimos libros son Argumentation in Science Education: Perspectives from classroom based research (Springer, 2008) e 10 Ideas clave: Competencias en argumentación y uso de pruebas (Graó, 2010). Outra escribe en galego: poesía, Catálogo de velenos (1998, premio Esquío), Desmentindo a primavera (Xerais, 2002); Abecedario de árbores, (2006), ou Mudanzas, unha reescrita das Metamorfoses desde a voz das mulleres, premio Caixanova-PEN 2007; Narrativa, como Lobos nas Illas (1996), A compañía clandestina de contrapublicidade (premio Álvaro Cunqueiro, 1997), Teoría do caos (Premio Xerais, 2001) ou O coitelo en novembro (2010); e narrativa xuvenil e infantil, así A expedición do Pacífico (premio Merlín e da Crítica, 1995); Rúa Carbón (2005), ou A cabeza de Medusa, sobre a violación social que segue á física, premio Caixa Galicia en 2008 e White Ravens en 2009. A súa poesía e narrativa están traducidas ao portugués, castelán, catalán e eúscaro, e foron recollidas en antoloxías en inglés (To the wind our sails, Breogan's Lighthouse, ambas 2010). Ás veces unha das varias voces que ten atravésaselle na gorxa como as espiñas dos peixes que os galegos devoran con cabeza e todo. Porén, cre no poder das historias, sexan auténticas ou falsas como seica é a de Alí Babá e os corenta ladróns. Vive en Santiago de Compostela, aínda que ten un pé na Costa da Morte, onde roubou grande parte do imaxinario da súa obra.

© Marilar Aleixandre - © Desta edición: Cadernos Redelibros, ISSN 2173-1977 - Vigo, febreiro de 2011. Reservados todos os dereitos.

  • Tags:
  • #literatura
  • #cine
  • #Gálix
  • #Pa negre

  • Comentarios
  • Fotos(1)
4 comentarios
  • A 11 persoas gústalles
  • Gálix
    Gálix Este artigo é dos que deixan pegada. Parabéns a Marilar!
    21 Febreiro 2011
  • Fran Zabaleta
    Fran Zabaleta ...E invitan a correr á librería a buscar Pa negre, sí! Parabéns, Marilar, todo un luxo lelo!
    21 Febreiro 2011
  • marilar Aleixandre
    marilar Aleixandre Grazas! Xa me diredes se coincidides cando o leades
    21 Febreiro 2011
  • CuriosoImpertinente
    CuriosoImpertinente Pois si que dan ganas de lelo!
    22 Febreiro 2011
  • Ver imaxes

Redelibros

  • Blog
  • Preguntas
  • Soporte
  • Enlázanos

Libros e textos

  • Libros
  • Textos
  • Tenda
  • Autores
  • Autopublicación

Opinión

  • Blogs
  • Grupos
  • Enquisas

Anuncios

  • Eventos
  • Anuncios

Multimedia

  • Audio
  • Vídeo
  • Álbums

Membros

  • Buscar
  • Invitar
  • Importar contactos

Seccións

  • Cadernos Redelibros
  • Tenda de redepuntos
  • Concursos
  • Fisgando na rede
Copyright ©2013  -  Privacidade  -  Condicións de servizo  -  Contacto  -  Mobile Site  -  Quen somos  -  RSS  - 
Deseño gráfico: Manu e Marga - Hosting: jaboweb.com
Share