• Entrar
  • Rexistrarse
  •  
Redelibros, a rede social galega do libro, un espazo para a literatura e un punto de encontro en Galicia para lectores, editoriais, librerías, autores...
A rede social galega do libro
Mega Menu Drop Down - Columns
  • Inicio

    Coñécenos

    • Quen somos
    • Preguntas
    • Blog
    • Soporte
    • Contacto

    Enlázanos

    Se che gusta Redelibros e queres axudarnos a medrar, engade un banner na túa web ou blog.

    • Enlázanos

    Síguenos na rede

  • Libros

    Base de datos bibliográfica

    Redelibros alberga unha base de datos de máis dun millón de fichas de libros. Entre eles podes atopar dende as últimas novidades ata libros descatalogados ou noutros idiomas. Atendendo á nosa filosofía de espazo común, esta base de datos está aberta para que poda ser consultada por todo o mundo, sen necesidade de rexistro previo, e facer todo tipo de procuras e seleccións dende o buscador.

    Como usuario rexistrado, ademais poderás valorar cun sistema de estrelas ou escribir os teus comentarios. Ambos poden consultarse na ficha de cada libro.

    Coa vosa axuda queremos conseguir que a base de datos sexa o máis completa posible. Se non atopas algún libro, e queres engadilo, podes usar este formulario. Se botas en falta calquera dato relevante, ou atopas algún equivocado, podes editar a ficha do libro usando a opción “Editar detalles do libro”

  • Autores

    Textos

    Neste apartado poderás compartir textos (poemas, relatos, novelas ou o que sexa), escritos por ti ou por terceiros, que creas poidan ser de interese para o resto dos membros. Obviamente, tamén poderás ler, comentar e valorar os publicados por outros usuarios.

    Autoedición

    Se escribiches un libro e queres publicalo, Redelibros pódeche axudar. Nesta páxina atoparás unha completa guía de edición na que che explicaremos, paso a paso, que facer para ver o teu libro publicado. Tamén atoparás aos nosos provedores recomendados para cada proceso.

    Autores Redelibros

    Nesta sección poderás coñecer de preto aos autores que pertenzen á nosa comunidade. E, se o desexas, tamén poderás adquirir algúns dos seus libros.

    • Textos
    • Autoedición
    • Autores
    • Tenda
  • Ferramentas

    Ferramentas

    As ferramentas de "opinión" permítenche dispor de espazos onde compartir a túa opinión ou coñecer a do resto dos usuarios.

    As ferramentas de "anuncios" permítenche comunicar ou informarche de eventos ou clasificados a través de Redelibros.

    As ferramentas "multimedia" permítenche compartir e visualizar fotos, vídeos e arquivos de audio co resto de redelibreiros.

    As ferramentas de "membros" permítenche atopar a outros usuarios de Redelibros ou invitar a outras persoas a formar parte da rede.

    Opinión

    • Blogs
    • Grupos
    • Enquisas

    Anuncios

    • Eventos
    • Clasificados

    Multimedia

    • Álbums
    • Vídeos
    • Audios

    Membros

    • Buscar
    • Invitar (email)
    • Importar contactos
  • Seccións

    Cadernos Redelibros

    Nesta sección atoparás artigos dos nosos colaboradores (críticos, autores, editores, expertos, etc.) que che brindarán distintas perspectivas sobre a literatura e o mundo editorial: análise de xéneros, reseñas de obras concretas, estudos sobre actualidade editorial, traballos sobre autores destacados, etc.

    Concursos

    Actividades que teñen premio. Concursos organizados polos nosos colaboradores ou polos propios usuarios para potenciar a creación literaria, audiovisual e artística. Unha sección que dá moito xogo.

    Fisgando na rede

    Unha páxina que contén a moitas: os principais focos de información cultural do país, blogs, axendas culturais, páxinas de editoriais, seccións de cultura en prensa... Ofrecémoschas sindicadas por rss, automaticamente actualizadas e reunidas para a túa comodidade.

  • Redetendas

    Páxinas

    A túa páxina personal na rede, a túa tarxeta de presentación.

    Tendas

    As tendas dos usuarios na rede. O espazo para as túas compras.

    Tenda de redepuntos

    Colaborar e participar na rede ten premio: os redepuntos, que irás acumulando coa túa actividade. Poderás cambiar gratuitamente os teus redepuntos por libros na nosa tenda.

  • Colaboradores

    Editoriais

    • Kalandraka
    • Faktoría K

    Librarías

    • Cartabón
    • Paz
    • Libros para soñar
    • Mazinger

    Entidades

    • Gálix
    • Culturgal

    O noso agradecemento

    Queremos mostrar o noso agradecemento a todas as persoas, empresas e institucións que co seu gran esforzo e participación apoiáronnos e séguennos apoiando cada día para crear un espazo galego de literatura en Internet.
    Se estás interesado en colaborar, ponte en contacto con nós.



Irene Penas Murias 1 article
  • All Submitter Articles
Compartir Informe

Related Articles

  • CR01. Mínima presentación da Lite...
    por XM Eyré Val
  • CR23. Os libros que non se perden...
    por María Solar
  • CR26. Autopublicación, unha refle...
    por Fran Zabaleta
  • CR34. Rosalía e Juana
    por ccs corral soilan
  • CR39. O corrector corrixido, ou o...
    por Ana Boullón
  • Article Home Page »
  • Examinar artigos »
  • Literatura

CR17. Literatura en movemento

  • Publicado por Irene Penas Murias
  • 11 Abril 2011 16:07:56 CEST
  • 3 comentarios
  • 753 visitas

Falar dunha "literatura en movemento" é falar dun sistema literario pleno, onde o que prevalece é a calidade formal e conceptual da mensaxe, e onde o tradutor ocupa o lugar que lle corresponde: o de autor.

Todas as linguas modernas e normalizadas de relevancia cultural contan cunha estrutura literaria capaz de harmonizar as obras de creación na propia lingua coas traducións de obras pertencentes a literaturas foráneas.

Unha literatura da calidade da nosa, para chegar a estar plenamente consolidada, ten que ser capaz de abrir as súas portas a outros universos literarios e escoitalos no noso propio idioma. Estas perspectivas diferentes enriquecen a nosa visión do mundo, ao tempo que contribúen a facer o noso moito máis grande. Con todo, aínda debemos percorrer un longo camiño para lograr "exportar" máis o noso patrimonio literario a outras linguas para que tamén a nosa voz creadora se deixe oír fóra das nosas fronteiras, sen que isto supoña ter que lles poñer límites ás "importacións" literarias.

Cómpre desterrar para sempre falsas ideas tales como que o galego só serve para expresar sentimentos e coñecementos propios do país e non para transmitir os sentimentos e os coñecementos que nos chegan desde puntos, ás veces, moi afastados tanto no espazo coma no tempo. Afortunadamente, estas e outras apreciacións infundadas, como considerar que o álbum ilustrado empobrece a lectura, van desaparecendo.

No fondo, ao analizarmos o porqué da marxinación que sofren as obras de tradución, o sentimento que latexa é o dun certo temor a que estas poidan facer invisible a chamada "literatura de creación", esquecendo que, aínda que a protección é necesaria para o fortalecemento e para a evolución de calquera sistema literario, a sobreprotección pode chegar a producir precisamente o efecto contrario: o estancamento e, xa que logo, o empobrecemento cultural.

A tradución literaria é un proceso creativo e, así, os tradutores incluídos nesta categoría foron recoñecidos como autores na Lei de Propiedade Intelectual de 11 de novembro de 1987. Unha tradución literaria non é só un cambio de código lingüístico é tamén, sobre todo no sector da Literatura Infantil e Xuvenil, unha adaptación de contextos culturais diferentes. Do que se trata é de, parafraseando a Paul Valèry, transmitir unha mesma sensación utilizando como canle para conseguilo a lingua que se sente como propia.

O fin último da literatura non é a adquisición de coñecementos teóricos senón o de provocar unha determinada emoción no lector, e as emocións non son patrimonio exclusivo dunha sociedade determinada, son patrimonio universal de todos os seres humanos, independentemente do lugar e do tempo en que nos tocase vivir.

Este principio de universalidade que move o quefacer literario é un dos factores que xustifica a importancia que lle debemos outorgar ao feito de poder integrar como elemento dinamizador da literatura as obras de tradución.

Non resulta coherente defender a extradución (é dicir, que a voz dos autores transcenda os límites do seu ámbito xeográfico) se non aplicamos os mesmos criterios cando falamos do valor da intradución, que é o fenómeno inverso.

 


A literatura é un diálogo constante, é un intercambio de impresións distintas e distantes sobre os grandes temas da Humanidade, que non son outros que a vida, o amor e a morte tratados desde múltiples perspectivas e desde múltiples contextos, e materializados nas múltiples circunstancias de cada segundo da nosa existencia.

Para que se estableza este diálogo entre tradicións literarias diferentes, entre autores diferentes e entre lectores diferentes, cómpre empregar unha lingua vehicular común e, polo tanto, faise imprescindible a presenza dun tradutor, entendido este termo nun sentido xenérico, que a partir dese mesmo momento se converte en autor ao adaptar e mesmo ao versionar o contido das mensaxes que se pretenden compartir.

A porcentaxe de edición de traducións pertencentes ao sector da Literatura Infantil e Xuvenil representa case o 50% do global de obras editadas nesta categoría nas diferentes linguas ibéricas; esta maior porcentaxe, respecto a que se dá noutros tipos de literatura, probablemente atope a súa explicación en que nestes tramos de idade a transmisión de valores adquire unha importancia fundamental, pasando a ser un dos criterios, xunto co da calidade estética, que máis inflúe á hora de decidir a publicación ou non dun texto literario. É tamén nestes tramos de idade onde a primacía como linguas de orixe do inglés, do francés e do alemán é menos acusada e onde, deixando de empregar xenericamente o termo tradución, atopamos un maior número de versións creadas a partir de motivos literarios clásicos e mesmo de traducións de versións pertencentes a literaturas foráneas.

O propio Andersen escribiu O traxe novo do emperador versionando un conto de don Juan Manuel; en concreto, o conto 32 do Libro de Patronio ou Conde de Lucanor: “O que lle aconteceu a un rei cos burladores que fixeron o pano”. Curiosamente, este mesmo conto tamén foi adaptado por Cervantes nos seus Entremeses co título de “O retablo das marabillas”.

Moitos dos contos de Andersen, menos infantís na súa orixe do que pensamos, sobreviviron ao paso do tempo a través de adaptacións e chegaron ás distintas linguas peninsulares en forma de tradución desas versións, moitas delas da autoría de Walt Disney, porque a publicación do texto orixinal podería resultar inapropiada para lectores de Literatura Infantil e Xuvenil.

A LIX peninsular está moi vencellada ao ámbito educativo que, por tentar potenciar a literatura de creación na lingua propia, esqueceu reservar un espazo para esoutra literatura, non menos importante, fundamentada no labor creativo dos tradutores, adaptadores e/ou versionadores.

Os baixos índices de lectura; o feito de que moitos dos rapaces e dos mozos só teñan contacto coa literatura a través dos centros escolares; a escasa atención prestada polos medios de comunicación ás obras de tradución de non viren precedidas dun éxito de vendas na lingua de orixe e, no caso da Literatura Infantil e Xuvenil galega, a competencia das traducións castelás, derivada da situación non completamente normalizada da lingua galega, fan que, sen pretender eclipsar outras responsabilidades, sexa moi difícil para as editoriais manter unha liña editorial baseada na tradución de autores clásicos, ou dos que chegarán a selo, universais.


Irene Penas. É directora de Publicacións de Editorial Everest Galicia (A Coruña). Licenciouse en Filoloxía Hispánica pola universidade de Santiago de Compostela e cursou estudos de Dirección de Empresa e de Formación en Artes Gráficas. Así mesmo, participou en diversos congresos relacionados coa literatura infantil e xuvenil, coa tradución e co ensino das linguas galega e castelá. Ademais de dedicarse á docencia como profesora de Lingua e Literatura españolas, e como profesora de Lingua e Literatura galegas, traduciu arredor dun centenar de obras ao galego e exerceu de asesora lingüística para unha empresa de dobraxe de series de animación. Desde 1996, combina a tradución coa dirección editorial de Everest Galicia.


© Irene Penas - © Desta edición: Cadernos Redelibros, ISSN 2173-1977 - Vigo, abril de 2011. Reservados todos os dereitos.

  • Tags:
  • #literatura
  • #infantil e xuvenil
  • #tradución
  • #creación

  • Comentarios
  • Fotos
2 comentarios
  • A 6 persoas gústalles
  • María Canosa
    María Canosa Unha grande reflexión, Irene. Unha apertura de ollada, portas, e mente.
    13 Abril 2011
  • Irene Penas Murias
    Irene Penas Murias Moitísimas grazas a todos polos vosos comentarios e interese.
    13 Abril 2011
  • Ver imaxes

Redelibros

  • Blog
  • Preguntas
  • Soporte
  • Enlázanos

Libros e textos

  • Libros
  • Textos
  • Tenda
  • Autores
  • Autopublicación

Opinión

  • Blogs
  • Grupos
  • Enquisas

Anuncios

  • Eventos
  • Anuncios

Multimedia

  • Audio
  • Vídeo
  • Álbums

Membros

  • Buscar
  • Invitar
  • Importar contactos

Seccións

  • Cadernos Redelibros
  • Tenda de redepuntos
  • Concursos
  • Fisgando na rede
Copyright ©2013  -  Privacidade  -  Condicións de servizo  -  Contacto  -  Mobile Site  -  Quen somos  -  RSS  - 
Deseño gráfico: Manu e Marga - Hosting: jaboweb.com
Share