Revista Redelibros

  • Textos3.jpgBoas, redelibreiros!

    Pois a idea vai collendo ritmo: facer unha revista ou publicación con textos e/ou artigos dos usuarios de Redelibros. Todavía non sabemos se será en formato dixital ou papel nin as características que terá, pero a proposta está sobre a mesa... e que saia o que teña que saír. Acabamos de crear un grupo de "Comité de redacción revista Redelibros". Todos os que esteades interesados en botar unha man nas tarefas de organización (idea e deseño da publicación, selección de textos, maquetación, ilustración, edición, corrección, etc.) podedes solicitar a entrada no grupo. Buscádeo na páxina de grupos e solicitade a admisión. Esta non é automática, pois trátase de dispor de un espazo privado no que poder debater as cuestións da revista cun pouco de intimidade. Se che gusta escribir, se es un manitas coa maquetación ou tes ganas de axudar, súmate ao grupo!

1 comentario