
Se che gusta Redelibros e queres axudarnos a medrar, engade un banner na túa web ou blog.
Redelibros alberga unha base de datos de máis dun millón de fichas de libros. Entre eles podes atopar dende as últimas novidades ata libros descatalogados ou noutros idiomas. Atendendo á nosa filosofía de espazo común, esta base de datos está aberta para que poda ser consultada por todo o mundo, sen necesidade de rexistro previo, e facer todo tipo de procuras e seleccións dende o buscador.
Como usuario rexistrado, ademais poderás valorar cun sistema de estrelas ou escribir os teus comentarios. Ambos poden consultarse na ficha de cada libro.
Coa vosa axuda queremos conseguir que a base de datos sexa o máis completa posible. Se non atopas algún libro, e queres engadilo, podes usar este formulario. Se botas en falta calquera dato relevante, ou atopas algún equivocado, podes editar a ficha do libro usando a opción “Editar detalles do libro”
Neste apartado poderás compartir textos (poemas, relatos, novelas ou o que sexa), escritos por ti ou por terceiros, que creas poidan ser de interese para o resto dos membros. Obviamente, tamén poderás ler, comentar e valorar os publicados por outros usuarios.
Se escribiches un libro e queres publicalo, Redelibros pódeche axudar. Nesta páxina atoparás unha completa guía de edición na que che explicaremos, paso a paso, que facer para ver o teu libro publicado. Tamén atoparás aos nosos provedores recomendados para cada proceso.
Nesta sección poderás coñecer de preto aos autores que pertenzen á nosa comunidade. E, se o desexas, tamén poderás adquirir algúns dos seus libros.
As ferramentas de "opinión" permítenche dispor de espazos onde compartir a túa opinión ou coñecer a do resto dos usuarios.
As ferramentas de "anuncios" permítenche comunicar ou informarche de eventos ou clasificados a través de Redelibros.
As ferramentas "multimedia" permítenche compartir e visualizar fotos, vídeos e arquivos de audio co resto de redelibreiros.
As ferramentas de "membros" permítenche atopar a outros usuarios de Redelibros ou invitar a outras persoas a formar parte da rede.
Nesta sección atoparás artigos dos nosos colaboradores (críticos, autores, editores, expertos, etc.) que che brindarán distintas perspectivas sobre a literatura e o mundo editorial: análise de xéneros, reseñas de obras concretas, estudos sobre actualidade editorial, traballos sobre autores destacados, etc.
Actividades que teñen premio. Concursos organizados polos nosos colaboradores ou polos propios usuarios para potenciar a creación literaria, audiovisual e artística. Unha sección que dá moito xogo.
Unha páxina que contén a moitas: os principais focos de información cultural do país, blogs, axendas culturais, páxinas de editoriais, seccións de cultura en prensa... Ofrecémoschas sindicadas por rss, automaticamente actualizadas e reunidas para a túa comodidade.
Colaborar e participar na rede ten premio: os redepuntos, que irás acumulando coa túa actividade. Poderás cambiar gratuitamente os teus redepuntos por libros na nosa tenda.
Queremos mostrar o noso agradecemento a todas as persoas, empresas e institucións que co seu gran esforzo e participación apoiáronnos e séguennos apoiando cada día para crear un espazo galego de literatura en Internet.
Se estás interesado en colaborar, ponte en contacto con nós.

Twitter
Twitter
É unha estancia relativamente pequena, sen máis iluminación cás raiolas crepusculares que se coan pesarosas a través da fiestra, a súa silueta preséntase a contraluz, sentada derriba dun tallo a un par de varas da ventá, lonxe abondo para só poder contemplar o horizonte, o infinito.
—Señor Fonsabido, non se tiña que ter molestado.
—Non é molestia ninghunha, ó contrario, dende que me xubilei pouca cousa teño que faser no día. Como o leva?
—Tirando... —xirouse cara fóra, coa vista perdida.
—Eu quedei viúvo tamén moi novo, incluso máis ca vostede, inda que fosen outros tempos. Non é unha visita de compromiso, así que non tente reconfortarme, sei do seu pesar, que o procure aghochar non fará que me preocupe menos —mírame, os nosos ollos coinciden un instante, non di nada mais parte da súa dor descansa agora nos meus ombros, as palabras non son precisas.
—Un día fermoso, non si? —dime volvendo fitar á paisaxe.
—Abofé, tan fermoso como tantos outros, ighual de idéntico, alleo ó bulir da xente, impertérrito perante as nosas ledisias e desghrasias.
Dúas horas pasamos na escuridade sen nos dirixir a palabra, do solpor ao lusquefusque, do luceiro da tarde a un horizonte estrelecido, antes de marchar, biqueina na meixela esquerda ao tempo que unha delicada e arxenta bágoa nacente tremelucía no seu lacrimal.
As estrelas asoman timidamente mentres as nubes vanse esvaendo devagar, o chan retén aínda a humidade e o recendo a chuvia potencia a fragrancia da natureza, a vila permanece silente, lutuosa, en ferrados só acompañan as miñas pegadas á melodía nocturna. Ao canto dos grilos úneselle agora un distante zoar, a medida que vou facendo camiño, o murmurio medra en intensidade e a dúbida muda en certeza.
Acelero o paso coa ilusión de chegar a tempo, asómome con sixilo á fiestra da sala, o cadáver repousa engalanado nun cadaleito escuro derriba da mesa, mentres en volta estáse a producir unha das máis vedrañas mostras culturais. Contemplar o abellón é internarse na noite dos homes, en civilizacións xa extintas, un rito funerario persistente ao transcorrer dos séculos, inmune a invasións, ao florecer e murchar de ducias de pobos, un vestixio da xénese comunal. Dende unha perspectiva distante, o abellón pode adoptar certa comicidade infantil, vellos que apenas se poden ter en pé, entoan escrupulosamente o seu zunzún mentres xiran derredor do membro finado, como en toda liturxia, o seu sentido simbólico preséntase latente aos executantes. Igual ca nunha espontánea ovación, a remisión da representación é natural, vai cesando secuencialmente, algúns membros comezan a parar mais durante un intre aínda se prolonga o zumbar cada vez menos coral, ata que o derradeiro dos zunidos anuncia o silencio máis sepulcral.
—Ave María inmaculada.
—Sen pecado fecundada. Cóntame, Fuco, xa obedeces a túa nai?
—Si, sempre, aghás cando paso dela.
—Hai que facerlle caso ás nais, son o máis importante desta vida. Por que outras cousas lle queres pedir perdón a Deus?
—Xa sabe que estou procurando cheghar a home con algho de vista —se cadra non lle poño a maior das vontades e case nunca teña éxito, mais tentalo, estouno a tentar— pero hai algho que non podo controlar, os soños.
—Así me gusta, hai que combater a tentación, que tipo de soños?
—Verá —sempre me preguntei se o cura se pon cacheiro ao escoitar estes relatos dos fregueses—, sen ir máis lonxe, onte á noite deiteime sen me tocar nin pensar en cousas pecaminosas antes de durmir —vale, porque xa o fixera á tardiña—, pero despois no soño, xoghando con miña prima, todo moi inosente, eu perseghíaa a ela e logho ela a min; nunha destas, tropesamos indo ós rolos fragha abaixo, esfreghándonos o un co outro, algho fortuíto, mais co escofa que te escofa, eu... amañesín co calsón perdido! —para que andar ás voltas.
—O dos soños non é tan grave como os pensamentos impuros, sobre estes temos menos control...
—Temos? Así que vostede tamén...
—Era un plural asociativo —mi madriña, plural asociativo, na vida oíra iso pero xa estou medio empalmado só de pensar na porcallada que debe de ser, supoño que algo así como unha orxía pero mellor— e eu son aquí o representante de Deus, non veño compartir vivencias. Dicía que aínda que sobre os soños tem... tes un menor control, segues a ser responsable deles, se soñas esas cousas é porque non fuches capaz de arredar os malos pensamentos, rezar cinco Ave Marías antes de durmir axudarache a manter a raia á luxuria —non sei eu se é moi boa idea pensar nunha muller, por virxe que esta sexa, antes de me durmir, pero si el o di...
Lupo levaba a traballar toda unha vida no vidro, procedía dunha familia que se viña adicando a el durante xeracións, dominaba os procesos artesanais amais de coñecer os novos materiais. Non tivera fillos, os poucos membros que conformaran a súa familia xa morreran e o seu gran amor abandonárao moitos anos atrás. A súa existencia volvérase rutineira, todos os días as mesmas caras, idénticos saúdos, sen afondar con ninguén, sen ter máis vida ca o vidro, botando a mirada cara atrás era inevitable unha sensación de perda, non se sentía realizado, atopábase preso nunha gaiola de cristal.
Os anos repousábanlle nunha alba cabeleira e unhas pronunciadas olleiras, mais aínda conservaba un vigor máis propio da mocidade, abondo para continuar cunha atolada e secreta empresa. Despois de moitos meses ateigados de interminables noites furtivas no taller, a súa gran creación estaba lista para guialo á aventura.
Os relatos de mensaxes embotelladas dende logo que non lle resultaban descoñecidos, aínda que sempre os vira como unha sorte de romántica ficción. Ata que haberá uns tres anos, paseando polo peirao nunha desapracible véspera de tormenta, un familiar son interrompeu as súas morriñentas cavilacións, contra as rochas, empurrada continuamente polas aguzadas ondas, batía con forza unha botella transparente en cuxo interior se adiviñaba un anaquiño de papel. De non ter estado el a deambular por alí naquela tarde na que a maioría da xente esperaba á treboada ao abeiro do fogar, a epístola aleatoria nunca tería chegado a destinatario, pois aquel sobre acristalado non tería resistido moitos máis impactos. A misiva resultou completamente inintelixible para el, non foi quen de sequera discernir en que lingua estaba escrita, mais as vindeiras semanas pasou as noites fantasiando co exótico lugar do que tería partido, por que situacións pasara aquel fráxil receptáculo abandonado á furia do infindo océano, quen a enviara e con que propósito. Aínda a expensas de descoñecer por sempre que mensaxe contiña, decidiu non compartir aquilo con ninguén, sentía que iso tería sido como traizoar ao remitente que lle confiara ese segredo só a el.
Entrada a madrugada, mentres a vila durmía, espertou ao burro e dispuxo a colosal botella no carro. Repasou por derradeira vez a relación de todo o que precisaba para subsistir e partiu, afouto e entusiasmado, cara a praia. No interior tiña uns depósitos de auga, alimento para os primeiros días, unhas cantas macetas con vexetais comestibles, unha pequena libraría formada por catro exemplares, unha cunquiña con miñocas, unha cana, un ganapán, uns remos, unha longa escada de corda, algúns útiles de cociña, varias lentes e outros dispositivos de cristal, un ouriñal, un par de mudas, mantas, panos, dous lapis e unha morea de diminutas botellas con cadanseu papeliño no interior; todo ben asegurado nos compartimentos tallados no propio vidro para que permanecesen no seu sitio por máis bravo que se puxese o mar. Era consciente de que a súa aventura tiña unha forte compoñente suicida, mais cómpre enfrontar á vida aínda a risco de que fuxa antes do previsto, no canto de sentarse e contemplar como se consume devagar. Por ese motivo, en previsión de que algo lle sucedese, quería levar un diario das súas vivencias, cada día liberaría nunha corrente próxima unha desas botelliñas; polo seu reducido tamaño, a nota do interior apenas era suficiente para albergar un par de ducias de palabras.
Ao chegar á praia, tombou o seu novo fogar errante e achegouno á beira a rolos, desenroscou o tapón metálico —que seguiu suxeito á botella por unha corda atada ao burato que tiña este no centro—, sacou polo bico o extremo da escada e antes de empuxar o seu invento ao mar, achegouse a unha chalana amarrada que descansaba na area, deixando a primeira das botelliñas dentro dunha nasa que había no interior. Seguiu turrando da súa embarcación contra as ondas ata que esta se ergueu polos seus propios medios, entón ascendeu pola escada e regresou ao exterior cos remos, baixou de novo ata os primeiros chanzos somerxidos, sentouse nun deles, meteu as pernas por detrás do seguinte e o corpo do anterior para manterse suxeito a ela tendo os brazos libres, e comezou a remar perdéndose na negrura da noite.
Sigue o diario de Lupo na conta de Twitter de Contos ao lusquefusque.
Muro de fo
Redelibros |
Libros e textos |
Opinión |
Anuncios |
Multimedia |
Membros |
Seccións |
